Asus aposta pola fotografía no seu Zenfone Zoom

asus-zenfone-zoom

Asus comezou con forza este 2015, presentando o Zenfone 2, o primeiro smartphone con 4 GB de RAM, e o Zenfone Zoom, que aposta pola fotografía, algo que máis ou menos preanunciaran co seu teaser.

O Zenfone Zoom incorpora unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución FullHD (1920 x 1080 píxeles), procesador Intel Z3580 (mesmo ca o Zenfone 2), dual SIM, 4G e Android 5.0 coa interface Zen UI.

Con todo, o máis importante está no apartado das cámaras. A frontal é un sensor de 5 megapíxeles que se complementa cun software de cámara pensado para conseguir os mellores resultados desta, mentres que a principal é un sensor de 13 Mpx con zoom óptico 3X, láser autofocus e estabilizador de imaxe para mellorar os resultados en condicións de luz adversas.

Chegará ao mercado no mes de marzo por 399 dólares, o que podería derivar dunha conversión 1-1 para que o seu prezo europeo sexa de 399 €.

 

Sobre o autor

Reply