Samsung presenta discretamente os Galaxy E5 e Galaxy E7

samsung-e5-e7

Durante a súa keynote no CES Samsung non comentou nada sobre novos trebellos Android, aínda que é un segredo a voces que a feira que se celebra estes días en Las Vegas servirá para amosar en privado o Galaxy S6 a partners e quizais algún que outro xornalista afortunado.

Sen facer ruído e vía nota de prensa Samsung vén de anunciar dous novos trebellos, o Galaxy E5 e o Galaxy E7, terminais de gama media con pantalla grande e unha mellor relación calidade / prezo que a que tiñan dispositivos anteriores da marca.

samsung_galaxy-e5

O Samsung Galaxy E5 integra unha pantalal SuperAMOLED de 5 polgadas (720 x 1280), procesador Qualcomm Snapdragon 410, catro núcleos a 1,2 GHz, ademais de 1,5 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 64 GB. As súas cámaras son de 8 e 5 megapíxeles e a batería de 2400 mAh.

Pola súa banda, o Galaxy E7 sube até a 5,5  polgadas, mantendo a resolución. Tamén se manteñen o resto de especificacións, agás a RAM (2 GB), a cámara principal (13 Mpx) e a batería  (2950 mAh).

samsung_galaxy-e7

Ambos os dous trebellos saen á venda con Android 4.4 KitKat con TouchWiz. Nun principio debutarán na India por uns 250 € e 300 € ao cambio, respectivamente, aínda que non temos novas de se chegarán a outros mercados nin, en caso afirmativo, de cando o farán.

Vía

 

Deixa un Comentario