Sony presenta o Walkman ZX2

walkman-zx2-640x426

Moitas de nós cando nos falan dun Walkman pensamos naqueles trebellos pensados para os cassettes que tantas horas de música nos deron anos atrás, máis os tempos mudaron e con eles o Walkman de Sony, que máis unha vez vén de ser reinventado, e hoxe presentouse o Walkman ZX2, un trebello deseñado con mimo para as usuarias máis exixentes coa calidade musical.

Tamén mellora o deseño do trebello desde o modelo anterior, que obviamente era dixital, así como as texturas do seu acabado e os botóns físicos para o se control.

NW_ZX2_vertical.0

Entre as súas especificacións destacan os 128 GB de almacenaxe interna, necesarios, posto que o audio de alta calidade ocupa bastante; esta memoria pode ser ampliada mediante tarxetas microSD. Funciona con Android 4.2 Jely Bean e reproduce arquivos en formato DSD, WAV, AIFF, FLAC, Apple Lossless e outros moitos. Tamén dispón de Bluetooth para poder empregar uns auriculares externos e NFC para facilitar a súa conexión.

Estará dispoñíbel en primavera por uns 1000 dólares, polo que podemos confirmar que se trata dun dispositivo orientado a un público moi específico e exixente.

No Responses

Deixa un Comentario