Un misterioso smartwatch de LG aparece na keynote de Audi

lg smartwatch ces 2015

A keynote de Audi no CES de Las Vegas non tiña en principio moito interese para as temáticas que tratamos no blog, mais a aparición dun reloxo intelixente de LG que non se corresponde con ningún dos dous presentados chamou a nosa atención.

Todo apunta a que podería ser a evolución do LG G Watch R, o único smartwatch con esfera completamente redonda e Android Wear, aínda que hai quen apunta a que podería ser un trebello que empregase webOS, establecendo dúas liñas de traballo (Android Wear e webOS) de xeito semellante ao que fai Samsung na súa gama Gear, onde emprega Android e Tizen.

Vía

No Responses

Deixa un Comentario