Lenovo presenta un flash para selfies

lenovo selfie flash

Este Nadal falouse moito do pau para selfies, un accesorio que mesmo puxemos na nosa listaxe de agasallos por menos de 20 euros. Ben, pois se criamos que non se podía ir máis aló co tema das autofotos estabamos equivocados, xa que Lenovo vén de presentar o Vibe Selfie Flash, que como podedes intuír do seu nome é un flash para selfies.

lenovo vibe selfie flash

Este accesorio está composto por 8 LEDs en anel que se enchufa no conector jack 3.5 do noso smartphone (ou da tablet, se sodes desa xente que saca fotos con eses trebellos), iluminando até unha distancia dun metro, co que teremos mellor luz nos autorretratos en condicións de mala visibilidade.

Disque ademais unha única carga deste peculiar accesorio permite sacármonos centos de fotos, polo que será o gadget ideal para as persoas selfiemaníacas.

Estará dispoñíbel no mes de abril por 29 dólares, uns 25 € ao cambio.

Sobre o autor

Reply