Vibe X2 Pro e P90, os novos smartphones de Lenovo

lenovo composicion ces

Lenovo presentou onte dous novos smartphones no CES de Las Vegas que previsibelmente, a diferenza de moitos outros da compañía, chegarán ao noso país: Vibe X2 Pro e P90.

lenovo vibe x2 pro 2

O primeiro deles, o Vibe X2 Pro, é un trebello que incorpora unha pantalla de 5,3 polgadas (1920 x 1080 píxeles), procesador SnapDragon 614 de 8 núcleos e 64 bits a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, 32 GB de ROM, batería de 2410 mAh e cámaras frontal e traseira de 13 megapíxeles.

lenovo vibe x2 pro

Quizais o aspecto máis negativo é que vén con Android 4.4 KitKat de partida e non Android 5.0, como sería desexábel a estas alturas.

lenovo p90

Pola súa banda, o P90 ten unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución FullHD, procesador Intel Atom Z3560 de 64 bits a 1,83 GHz, 2 GB de RAM, 32 GB de memoria interna, 4000 mAh de batería e cámaras de 13 e 5 megapíxeles. Ao igual ca o outro trebello, sairá á venda con Android 4.4

lenovo p90 2

Polode agora non confirmaron os prezos de ambos dispositivos, aínda que tendo en conta a traxectoria da marca imaxinamos que serán bastante contidos.

Que vos parecen?

Deixa un Comentario