Volkswagen amosa o seu coche conectado con Android Auto

volkswagen android auto

Tras o anuncio de Parrot de onteVolkswagen tamén está a aproveitar o seu paso polo CES de Las Vegas para dar a coñecer as súas últimas innovacións en canto a vehículos conectados.

Neste senso, amosaron un novo concepto de Golf eléctrico e conectado que traballa co ecosistema Android Auto, CarPlay e Mirror Link. Isto é posíbel grazas ao seu ordenador central, o MIB II, que combina información do vehículo (chaves dixitais, control remoto para aparcarmento, carga de batería…), con funcionalidades de navegación (detección de rutas) e outras orientadas ao ocio e entretemento.

connected_golf_4485

O único aspecto negativo que lle vemos é que para disfrutarmos de todas estas novidades imos ter que esperar un pouco, xa que calculan que será de cara a finais de ano.

Deixa un Comentario