ZTE Spro 2, a nova versión do picoproxector baseado en Android

zte spro 2

No CES de 2014 ZTE presentou o seu picoproxector baseado en Android, un trebello un tanto curioso que vén de ser renovado e actualizado. Falamos do ZTE Spro 2.

Entre as melloras desta nova versión está a posibilidade de enfoque automático ou a reprodución en streaming desde aplicacións que podemos atopar na Play Store ou dos contidos que teñamos en soportes externos, como tarxetas de memoria ou pinchos USB.

Dispón dunha pantalla na parte superior de 5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 800, batería de 6300 mAh, conector HDMI e 4G, aínda que se cadra o que o fai singular é o seu proxector, que permite crear imaxes de até 120 polgadas con resolución 720p e un brillo de 200 lúmenes.

En canto a deseño, resulta bastante compacto, cunhas dimensións de 13,2 x 12,9 x 3,8 cm. Está previsto que saia á venda nas poucas semanas por un prezo que podería rondar os 900 euros.

No Responses

Deixa un Comentario