Descarga gratis as betas de Microsoft Word, Excel e PowerPoint para a túa tablet Android

office beta

Hai algún tempo Microsoft anunciou a beta privada da suite Microsoft Office para os nosos Android, sendo necesario terse inscrito para poder probar a mesma. Porén, a compañía mudou estes días de estratexia e vén de pór as apps previas en acceso libre na Play Store.

En total son tres as aplicacións que podemos probar se temos unha tablet de entre 7 e 10 polgadas e, como mínimo, Android 4.4. Correspóndense con Word, Excel e PowerPoint, tres dos programas máis empregados, e non teremos que pagar nada, nin tan sequera ter uha suscrición a Office 360, aínda que a cambio piden que enviemos feedback para mellorar a aplicación de cara as versións final.

Podedes descargar Word, Excel e Powerpoint desde a Play Store; recomendámosvos que fagades dita descarga desde unha rede WiFi, posto que ocupan 115 MB, 125 MB e 127 MB, respectivamente.

Deixa un Comentario