Blu Vivo Air, un smartphone en 5,1 mm

blu vivo air

Blu é un fabricante descoñecido para a grande maioría. Con base en Miami, esta compañía leva anos traballando o sector dos smartphones libres para os mercados emerxentes, mais o novo smartphone Vivo Air que veñen de dar a coñecer no CES de Las Vegas chamou moito a nosa atención.

blu vivo air 2

O seu deseño é extremadamente delgado acadando os vertixinosos 5,1 mm e algo menos de 100 gramos de peso, en grande medida grazas a estar fabricado en aluminio. Ademais, os seus acabados fan que sexa un dispositivo con apariencia premium, aínda ue no seu interior temos unhas especificacións de gama media.

blu vivo air 3

A pantalla é un panel de 4,8 polgadas (720p); vén con procesador MediaTek MT6592, 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna. A cámaras son de 8 e 5 megapíxeles.

Estará dispoñíbel en dous acabados, un branco con algunha cousiña dourada, e outro negro. Custará 199 dólares no mercado libre.

No Responses

Deixa un Comentario