Pioneer achega unha solución Android Auto para calquera vehículo

pioneer android auto

As solucións compatíbeis con Android Auto que fomos vendo estes días estaban orientadas a vehículos novos que xa incluirán esta tecnoloxía de serie, integrada como un navegador ou ordenador de abordo, mais non para os modelos de coches anteriores.

Pensando neles, Pioneer vén de dar a coñecer 3 alternativas que van desde os 700 aos 1400 dólares, todas elas compatíbeis con Android Auto e con especificacións comúns, como conexión HDMI e Bluetooth, HD Radio, iDataLkin Maestro Technology e audio de dobre canle.

O modelo máis avanzado dos 3, o AVIC-8100NEX, ten pantalla de 7 polgadas capacitiva, mentres que os outros dous modelos (AVIC-7100NEX e AVH-4100NEX) téñena resistiva. Todos eles estarán dispoñíbeis a partir do mes de marzo.

Deixa un Comentario