POP 2: o novo de Alcatel para a gama media e baixa

alcatel pop 2

Aínda que non estamos a ver moito flagship, o CES estanos a descubrir a renovación dos portfolios das gamas medias e baixa. É o caso de Alcatel, que tras presentar oficialmente o seu reloxo intelixente OneTouch Watch vén de dar a coñecer a súa nova liña de smartphones POP 2, que desta vez chega en tres versións.

Todos eles levan o mesmo procesador Qualcomm SnapDragon 410 de 64 bits e 1,2 GHz e Android 4.4 como versión do sistema operativo. As diferenzas comezan en que o trebello máis sinxelo ten unha pantalla WVGA de 4 polgadas, batería de 2000 mAh e cámaras de 5 Mpx e VGA, mentres que o seguinte modelo sube ás 4,5 polgadas (480 x 854), conectividade 4G e Dual SIM.

Xa por último, temos un modelo de 5 polgadas con resolución 720p, cámaras de 8 e 2 Mpx, soporte para redes 4G e batería de 2500 mAh, que ademais é o único sobre o que hai información de que se poida actualizar a Android 5.0 Lollipop.

Deixa un Comentario