Razer Forge TV, o novo intento de levar Android a unha consola

O mundo das videoconsolas é moi complicado, pois son poucos  e moi poderosos os fabricantes que conseguiron facerse un oco nun campo moi competitivo. Se falamos de Android, durante os últimos anos vimos diversas opcións que tentaban competir no mundo dos videoxogos con consolas baseadas en versións do noso sistema operativo favorito, aínda que ningunha acadou relevancia comercial.

razer-forge-tv

Coa chegada de Android TV veremos diversas opcións xa integradas nos televisores intelixentes. Mais se xa temos unha televisión e queremos só unha caixa que nos actualice podemos elixir a Razer Forge TV, que vén de ser presentada no CES.

razer-forge-tv-usb

Esteticamente é unha caixa de reducidas dimensións (10,5 x 10,5 x 1,7 cm) que no seu interior agocha un procesador Qualcomm Snapdragon 805, quad core a 2,5 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de almacenaxe interno ampliábeis, conectividade WiFi e Bluetooth, porto HDMI 1.4 e soporte para Google Cast.

Estará dispoñíbel durante o primeiro trimestre do ano por 99,99 euros, e xunto a ela chegarán diversos accesorios.

razer-serval-smartphone

O primeiro deles é o Razer Serval, o típico pad Bluetooth ao que poderemos conectar o noso smartphone para facer de mando e suxeitar o teléfono a un tempo, aínda que tamén funciona como mando convencional para o Forge TV. Custará 79,99 euros e chegará ao longo do primeiro semestre, aínda que mercado conxuntamente coa consola serán 149,99 euros.

650_1000_razer-turret

Por outro lado temos  o Razer Turret, un teclado tradicional que dispón dun soporte para manexar o rato nel. Ten retroiluminación e conexión Bluetooth LE, sendo compatíbel con calquera ordenador que dispoña desta conexión. A batería promete até 4 meses de duración (40 horas o rato) e custará 129,99 €.

Que pensades deste novo dispositivo? Conseguirá facerse un oco nos salóns das nosas casas?

Sobre o autor

Reply