Takee 1, o primeiro smartphone holográfico

Parece cousa de encantamento, pero é real: o smartphone holográfico existe, chámase Takee 1 e está á venda por algo máis de 1000 euros. Ademais vén de recibir un premio ao produto máis innovador no CES.

O trebello en si non conta cunhas especificacións espectaculares: pantalla de 1080p e 5,5 polgadas, procesador octa core MTK6592T a 2 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna, batería de 2500 mAh e cámaras de 13 e 5 Mpx.

takee holografico

O que fai singular a este dispositivo é a parte holográfica; podemos controlalo manexando (“tocando”) imaxes creadas no aire grazas a uns proxectores situados no lateral do dispositivo, algo que se aprecia moito mellor no vídeo co que abrimos este artigo.

Estamos un paso máis próximos da telepresenza?

Deixa un Comentario