ZTE presenta un novo terminal de 6 polgadas, o Grand Max+

zte grad max+

ZTE vén de presentar o Grand Max+, un terminal que destaca pola súa pantalla de 6 polgadas, aínda que no seu interior atopamos compoñentes que o sitúan na gama media.

Como comentabamos, o Grand Max+ incorpora unha pantalla de 6 polgadas con resolución 1280 x 720, procesador SnapDragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 2GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, cámaras de 13 e 5 megapíxeles, batería de 3200 mAh con carga rápida e conectividade 4G.

Aínda que non está confirmado o prezo que terá en Europa en formato libre, para facernos unha idea nos Estados Unidos estará dispoñíbel en prepago por 199 dólares.

Deixa un Comentario