BBM anuncia soporte para Android Wear

bbm-android-wear

Durante a súa conferencia de prensa no CES, Blackberry anunciou que proximamente a súa aplicación de mensaxería BBM será compatíbel con Android Wear, aínda que non quixeron concretar unha data exacta.

Con esta actualización as usuarias poderemos realizar as seguintes accións desde os nosos trebellos Wear:

  • Ver as mensaxes e respondelas mediante voz.
  • Aceptar convites de contactos por BBM.
  • Buscar contactos
  • Empregar respostas predefinidas para unha resposta rápida.

Cada vez son máis as aplicacións compatíbeis con Android Wear, un paso necesario para que esta versión do sistema operativo vencellada aos wearables sexa un éxito. Con todo, serán moitas as que usen BBM?

Sobre o autor

Reply