Nabu X, a nova smartband de Razer

razer nabu x

Razer vén de presentar no CES a súa nova smartband, unha pulseira compatíbel con Android e iOS que recolle datos da nosa actividade física como moitas outras alternativas que atopamos no mercado, pero que tamén dispón de funcionalidades sociais.

A Nabu X dispón de acelerómetro, vibrador e 3 LEDs de diferentes cores que se poden personalizar para recibir notificaciósn de diferentes aplicacións. Isto permite, por exemplo, empregar o verde con vibración para unha chamada, e o vermello para un WhatsApp, evitando ter que sacar o teléfono do peto ao longo do día.

razer nabu x 2

Ademais, a pulseira chega con diversas aplicacións deseñadas por terceiros que se poden descargar desde unha tenda específica, Nabu MarketPlace, par sacerlle aínda máis pertido á mesma.

Estará dispoñíbel desde o 13 de xaneiro nos Estados Unidos por 49,99 €, algo máis de 40 € ao cambio. Chegará a Europa na primavera.

Sobre o autor

Reply