Asus presenta no CES unha nova versión do FonePad 7

asus fonepad 7 2015

Un ano despois de que Asus presentase a Fonepad 7, o fabricante dá a coñecer unha versión mellorada deste trebello, cun novo procesador e pequenos cambios de deseño, reducindo o seu grosor en case 3 mm.

A pantalla é de 7 polgadas, cunha resolución de 1024 x 600, que ofrece até 178 grados de visión. No interior alberga un procesador Intel Atom Z2520 de dobre núcleo a 1,2 GHz e haberá 2 versións, a elixir 1 o 2 GB de memoria RAM. Tamén se poderá elixir a memoria interna, entre os 8 e os 16 GB, en calquera caso ampliábeis mediante tarxetas microSD.

asus fonepad 7 2015 2

As súas cámaras son de 8 e 5 Mpx, a batería de 3950 mAh e ten conectividade 3G. Sairá á venda con Android 4.4 KitKat. e estará dispoñíbel en branco, negro, vermello e dourado.

Polo de agora non se confirmaron nin datas nin prezo, mais imaxinamos que seguindo a estratexia da marca durante os últimos tempos serán contidos.

Deixa un Comentario