Xa se pode reservar o Elephone G1, un smartphone Android por 50 dólares

elephone g1

Non sorprendemos a ninguén se falamos dun smartphone chinés de baixo custe, pero o certo é que o Elephone G1 sitúase no límite do prezo custe, pois está dispoñíbel para reservar por tan só 50 dólares, uns 42 euros co cambio actual.

elephone g1 2

A este prezo non podemos agardar unhas prestacións de luxo, mais o Elephone G1 tampouco defrauda neste senso. Ten unha pantalla IPS de 4,5 polgadas (854 x 480 píxeles), procesador MediaTek MTK6582M de catro núcleos a 1,3 GHz, 512 MB de RAM, 4 GB de memoria ROM con slot para tarxetas microSD e cámaras de 5 e 1,3 MPx.

Está dispoñíbel en catro cores diferentes (branco, negro, azul e rosa) e vén con Android 4.2 Jelly Bean.

Sobre o autor

Reply