StoreDots presenta unha solución para cargar un smartphone en 2 minutos

A lab worker disconnects from a charger a mobile phone at headquarters of StoreDot in Tel Aviv

Ademais da pouca capacidade que en xeral teñen as baterías dos nosos smartphones, moitos deles precisan moito tempo para se cargar ao 100%, aínda que os últimos gama alta que se foron incorporando sistemas de carga parcial rápida que nos poden sacar de máis dun apuro.

Tras facer diferentes investigacións en nanotecnoloxía, a empresa StoreDots vén de estar facendo demos reais no CES de Las Vegas cun prototipo de batería que se carga ao 100% en menos de dous minutos, aínda que esta tiña unha duración de 5 horas.

Con todo é un primeiro paso para un futuro non moi lonxano no que, malia quizais non avanzar moito en capacidade de autonomía si que poidamos facelo na velocidade de carga. A idea da empresa é chegar a acordos con fabricantes para que a súa tecnoloxía vaia integrada de serie nos smartphones que se vendan.

Deixa un Comentario