O ZTE Star 2 desvelado durante o CES

zte star 2

Malia que o CES xa pechou as portas, seguimos a falar de trebellos que se deron cita no primeiro gran evento tecnolóxico do ano. ZTE deu a coñecer en Las Vegas versións renovadas de dispositivos xa coñecidos, como o proxector Spro 2 ou o phablet Grand Max+. Hoxe toca falarmos dun terceiro que pasou máis desapercibido, o ZTE Star 2.

O ZTE Star 2 é un dispositivo estilizado que integra unha pantalla IPS LCD de 5 polgadas e resolucion 1920 x 1080 píxeles. No seu interior atopamos o procesador Qualcomm SnapDragon 801 de catro núcleos a 2,3 GHz xunto 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD.

A cámara principal é de 13 megapíxeles con flash LED e a frontal de 5 Mpx. A batería ascende aos 2300 mAh e vén con Android 4.4.2 KitKat con personalización ZTE Mifavor 3.0.

Polo de agora a compañía non se pronunciou sobre a súa hipotética posta á venda en Europa, mais en Asia xa se pode atopar por uns 400 euros.

Sobre o autor

Reply