LG usará webOS nalgúns dos seus reloxos intelixentes

Hai uns días xa vos falamos de que un misterioso smartwatch de LG aparecera na keynote de Audi, e que mesmo se contemplaba a posibilidade de que a compañía surcoreana empregase webOS como sistema operativo deste en vez de Android Wear, marcando dúas liñas de produto diferenciadas.

lg watch webos

Isto confírmase co vídeo que gravaron as compañeiras de Android Central, no que se pode ver o reloxo en todo o seu esplendor, amosando incluso a versión do software que emprega. Esta dobre vía é semellante á estratexia que están a seguir outras marcas como Samsung cos seus wearables en Tizen, e pode ser moi interesante de cara a ver produtos realmente diferenciais, máis aló da estética, un punto no que por certo este reloxo que manexaba Audi no CES tiña moito que dicir.

Que vos parece?

Sobre o autor

Reply