Woxter Home Multicharger, o enchufe para cargar catro trebellos a un tempo

woxter-home-multicharger-

Cada vez son máis os trebellos e gadgets que levamos enriba e precisan a súa dose de carga case diaria (reloxos, tablets, smartphones…). Isto supón un handicap á hora de poñelos a cargar, polo que na meirande parte dos casos acabamos por ter regletas con varios cargadores, que se ben na casa pode ser algo asumíbel resulta todo un lío cando vamos de viaxe.

Woxter vén de presentar unha solución a este problema que nos pareceu moi acaída: o Woxter Home Multicharger. Este enchufe conta con dous portos USB 5V 1A e outros dous USB 5V 2A, para os dispositivos que teñen unha maior demanda de carga. Xunto aos 34W de potencia fan posíbel que poidamos cargar rapidamente até 4 aparellos ao tempo empregando unha única toma eléctrica.

O Home Multicharger dispón de diversos sistemas de seguridade para protexer aos dispositivos que esteamos cargando, manténdoos a salvo de picos de corrente (sistema OCP), sobrecarga de voltaxe na rede (sistema OVP), cortocircuítos (sistema UVP) e requecementos (sistema OTP).

Está dispoñíbel en dúas cores, branco ou negro, e custa 28 euros.

Sobre o autor

Reply