Google Translate actualízase con tradución de imaxes e conversas voz – voz

Malia todos os seus erros nas traducións, Google Translate é unha das mellores aplicacións de propósito xeral para tradución non profesional. Agora, vén de ser actualizada con dúas importantes melloras que van no camiño de eliminar as barreiras ideomáticas: a tradución de imaxes e a conversión instantánea voz – voz.

Google Word Lens iPhone GIF

A primeira delas xa a viramos cando probamos as Google Glass; basicamente só teremos que dirixir a cámara do noso dispositivo cara a imaxe que queremos traducir (por exemplo, un cartel) para poder ver no noso móbil a tradución, mediante realidade aumentada.

Mais quizais a de voz – voz resulte moito máis sorprendente, pois bastará con premer a icona do micrófono e falar para que Google Translate recoñeza os dous idiomas que están a falar as interlocutoras para facer o papel de tradutor, de xeito practicamente instantáneo.

Conversation Mode GIF

Polo de agora esta última opción só está dispoñíbel para inglés, francés, alemán, italiano, portugués, ruso e español, aínda que nos próximos meses agardan incluír até 36 idiomas.

A actualización irá chegando aos nosos Android conforme se vaia despregando, aínda que de seguro en cuestión de minutos ou horas teremos o ficheiro apk para que poidades probalo antes. Se aínda non tedes instalada esta aplicación, podedes baixala desde a Play Store.

[Actualización] Se aínda non che chegou a actualización, descarga o ficheiro apk desde aquí. Para poder facelo debes ter activado as orixes descoñecidas.

Vía

Sobre o autor

Reply