Samsung estaría a piques de mercar BlackBerry por 7.500 millóns de dólares

BlackBerry-Logo

[Actualización 15/01/2015] BlackBerry fixo público un comunicado no que desminte a información de Reuters, asegurando que non tiveron conversas con Samsung para a súa posíbel compra.

Tras a información sobre a posíbel venda de Sony Mobile, Reuters vén de publicar outra nova de grande relevancia: segundo as súas fontes Samsung estaría a piques de mercar BlackBerry por 7.500 millóns de dólares.

A operación implicaría a adquisición da compañía e de todas as súas patentes, que servirían ao fabricante surcoreano para posicionarse no sector empresarial, ampliando as súas solucións de seguridade Knox con todo o legado de BlackBerry neste eido.

Ambas compañías manteñen silencio a esta hora, mais non sería de extranar que tivéramos a confirmación en cuestión de días. Mentres tanto, as accións de BlackBerry subiron notabelmente tras coñecerse esta información

Que vos parece este movemento?

 

Deixa un Comentario