Sony podería vender a súa división móbil

sony

Que a Sony non lle van ben as cousas non é ningunha novidade. Desde que lanzou o Xperia Z a compañía estableceu un ritmo de renovación do seu terminal de referencia inasumíbel, unha traxectoria errática que está a causarlle perdas millonarias, polo que mesmo deixarán de pagar dividendos por vez primeira.

Por iso levarase a cabo unha reestruturación da compañía na que todas as posibilidades están sobre a mesa, o que podería supór, segundo apunta Reuters, mesmo a  venda das súas divisións de telefonía móbil e televisión, as que máis perdas están a causarlle, aínda que polo de agora ninguén puxo prezo a Sony Mobile ou fixo unha oferta seria.

Non é a primeira vez que Sony leva a cabo unha operación deste calado, logo de terse desfeito de Vaio, despedindo na operación a 5000 traballadoras.

Sobre o autor

No Responses

Reply