Vigo Recicla, o xogo para que as pequenas da casa aprendan a reciclar

 vigo reciclaO Concello de Vigo vén de lanzar un xogo para os nosos Android, desenvolto por uns vellos coñecidos no noso blog, Manduka Games: Vigo Recicla.

Trátase dunha aplicación pensada para concienciar ás máis pequenas da casa da importancia da correcta reciclaxe, polo que ao longo da partida irán aparecendo residuos que temos que enviar ao colector correcto. De acertar, estaremos un pasiño máis próximas de converternos en heroínas da boa separación de residuos, mentres que se fallamos poderemos volver tentalo para aprender onde tería que ir.

vigo recicla 2

Vigo Recicla é un xogo gratuíto que podemos descargar desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply