Weplan, unha app ben diseñada para medir consumos

Durante uns días estivemos probando unha app que nos axuda a levar un control dos datos consumidos e chamadas realizadas. O primeiro que nos chamou á atención foi o se deseño, visualmente atractivo e funcional que fai que a aplicación entre polos ollos. Esta aplicación chámase Weplan.

Cando entramos por primeira vez, atopámonos cunha serie de pantallas de configuración para dicirlle á app cal é o noso proveedor de servizo, que tarifa temos, se forma parte dun paquete integrado ou non, primeiro día de facturación,…

weplan 02

weplan 01

Unha vez que lle proporcionamos toda esta información a aplicación comeza a traballar medindo os nosos consumos como vemos a continuación e ademáis ten unha opción para ver e editar se é preciso os parámetros inicialmente introducidos.

weplan 03

weplan 04

Ademáis queremos destacar que se prememos sobre as iconas dos datos consumidos, ou gasto en chamadas, teremos un detalle completo de como se chegou a esa cifra.

weplan 05

Outro aspecto que queremos poñer en valor desta aplicación, é que ten unha pantalla na que podemos ver ofertas doutras compañías que melloran o servizo que temos contratado dicindo canto podemos aforrar.

weplan 06

En xeral podemos dicir que a Weplan é unha app que cumplirá as vosas espectativas que ademáis podemos atopar de balde na Play Store.

Deixa un Comentario