Oppo presenta os novos R1C, U3 e Mirror 3

oppo r1c 2

Oppo vén de a coñecer estes días tres novos dispositivos para dar a batalla no primeiro semestre do 2015. Tratáse dos smartphones R1C e U3Mirror 3.

oppo r1c

O Oppo R1C é un dispositivo cun deseño estilizado (6,85 mm) que integra unha pantalla de 5 polgadas e resolución 720p. No seu interior leva un procesador Qualcomm Snapdragon 615 de oito núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB, cámaras de 12 e 5 Mpx (a traseira fabricada por Sony cunha apertura de f/2.0 e zoom óptico 4x) e batería de 2420 mAh.

oppo u3

O segundo smartphone, o Oppo U3, integra unha pantalla 1080p de 5,9 polgadas, procesador MediaTek MT6752 de oito núcleos a 1,7 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna e cámara principal de 16 Mpx.

oppo-mirror-7

Finalmente cómpre falarmos do Mirror 3, un dispositivo con pantalla de 4,7 polgadas, procesador Snapdragon 410, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. As súas cámaras son de 8 e 5 Mpx e vén con 2000 mAh de batería.

En todos os casos estamos a falar de dispositivos que integran procesadores de 64 bits, conectividade 4G e dual SIM. O que non está claro é se poderemos ver estes dispositivos fóra da China nin a que prezo.

No Responses

Deixa un Comentario