HTC presentará o seu buque insignia no Mobile World Congress

htc mwc

Aínda queda mes e medio por diante, pero HTC vén de amosar unha imaxe a modo de teaser do seu próximo gran evento: a presentación do seu novo buque insignia, sucesor do HTC One (M8), terá lugar no MWC de Barcelona.

Segundo apuntan os rumores, o HTC Hima (nome en clave) terá as seguintes especificacións:

  • Pantalla de 5 polgadas FullHD
  • Procesador Snapdragon 810 (catro núcleos a 2.0 GHz + 4 núcleos a 1,5 GHz)
  • 3 GB de RAM
  • Cámaras de 20,7 (traseira) e 4 Ultrapixel ou 13 Mpx na frontal
  • Batería de 2840 mAH
  • Android 5.0 Lollipop.

En calquera caso, o primeiro de marzo estaremos en Barcelona contándovos toda a actualidade do novo dispositivo de HTC e de todo o que se presente nun MWC que se prevé cargado de sorpresas.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply