Mininovas Android: a malla da semana

Problemas de temperaturas cos novos Qualcomm Snapdragon 810?

qualcomm

Esta semana estivo chea de rumores a conta do novo e potente chipset de Qualcomm, o 810, polos problemas de sobrequecemento que terían detectados os rapaces de Samsung no futurible Galaxy S6, problemas tan importantes como para plantexarse non lanzalo inicialmente con este chipset.

Pola contra, LG non debeu detectar problemas ou polo menos atopou o xeito de amañalos, porque os rumores apuntan a que o LG G4 si levará o Snapdragon 810 no seu interior. Veremos que acontece ao redor do Mobile World Congress no que se agardan as presentacións destes dos terminais.

As Nexus 7 e 10 xa dispoñen das imaxes para a descarga de Lolipop 5.0.2

google nexus

Outra nova de interese que aconteceu estes días, foi a dispoñibilidade para estas dúas tabletas (as máis antigas da marca Nexus) dunha nova actualización do sistema operativo. Esta nova deixa claro, unha vez máis, que para ter un dispositivo Android á última, é preciso mercar un Nexus, pois coa venda de Motorola a Lenovo, o sistema de actualización xa non é o que foi en temas de actualización.

WWE Immortals xa dispoñíbel para Android

Os que xa temos unha idade, medramos vendo na tele estes combates disparatados protagonizado por un grupo de actores loitadores que amañaban tanto os supostos problemas persoais como para demostrar que ten o ego máis subido, enriba dun ring.

Pois ben, se tedes certa morriña, podedes descargar (de balde pero con compras integradas) xa mesmo o WWE Immortals, un xogo de loita protagonizado polas estrelas da WWE pero totalmente alonxado dun ring, no que temos que ir superando combates para acadar experiencia e desbloquear personaxes.

About The Author

Reply