YouTube actualízase á versión 10.02.3 desde a 6.0.13

youtube 10

Google vén de liberar unha curiosa actualización da aplicación de YouTube, non tanto polo que trae consigo senón polo salto entre versións, pois pasa da 6.0.13 á 10.02.3 de vez.

O cambio máis significativo a simple vista é a inclusión da busca por voz, unha funcionalidade que pouco a pouco vai estando dispoñíbel en todas as aplicacións de Google.

Co paso das horas irá chegando aos nosos trebellos, mais se non queredes agardar por ela podedes instalala de xeito manual co ficheiro apk que vos deixamos nesta ligazón. Lembrade que para poder facer a instalación deste xeito tedes que ter habilitada a opción de orixes descoñecidas.

Sobre o autor

Reply