Huawei abandonará a denominación Ascend nos próximos terminais

huawei ascend

Nos últimos tempos a chinesa Huawei está a prestar moita máis atención á imaxe ca antes. Xa non é que os seus terminais teñan cada vez un aspecto máis premium, senón que tamén coida o branding.

Entre os cambios está a recentemente estreada nova marca Honor, orientada a Europa, aínda que proximamente tamén veremos novidades na propia marca Huawei, que eliminará nos seus futuros smartphones a denominación Ascend. Este movemento lémbranos ao feito por LG cando decidiu apartar palabra intermedia Optimus, un pequeno cambio que conseguiu mellorar a imaxe de marca.

Huawei estrearía esta nova denominación nos Huawei P8 e Huawei D8, terminais que presumibelmente dará a coñecer no Mobile World Congress do próximo mes. Se se cumpre a rumoroloxía, o P8 terá unha pantalla FullHD de 5,2 polgadas, procesador Kirim 930, 3 GB de RAM, 32 GB de memoria interna e lector de pegadas dixitais, mentres que o D8 incorporará unha pantalla de 5,5 pogladas QuadHD, procesador Kirim 950, 4 GB de RAM e 64 GB de almacenaxe.

Que vos parece este movemento? Axudará a mellorar a imaxe da empresa?

Deixa un Comentario