Ollo: Whatsapp está suspendendo contas

Esta tarde saltou a alarma. Nas redes sociais comezaron a aparecer mensaxes de usuarios que se atoparon coa súa conta de Whatsapp suspendida. Que está a ocorrer?

Nada demasíado serio máis aló da incomodidade que sofren estes usuarios. Whatsapp ven de aplicar dun xeito estricto as súas condicións de servizo e está suspendendo as contas daqueles usuarios que non empregan a aplicación oficial se non que están usando clientes alternativos como pode ser Whatsapp+.

whatsapp suspendido

Lembremos que as condicións de uso de Whatsapp din o seguinte:

Las acciones a continuación son ejemplos de actividades no permisibles.

  1. El envío de anuncios o cualquier tipo de material comercial.
  2. El envío de spam o mensajes no solicitados.
  3. El contenido en el estado, la foto de perfil o los mensajes que viole los Términos de Servicio, esto incluye el contenido ilegal, obsceno, amenazante, con muestras de odio, racista, ofensivo en términos étnicos, o con cualquier otra materia inapropiada.
  4. Molestar a otros usuarios.
  5. La actividad repetitiva que infrinja los Términos de Servicio.
  6. Usar un sistema automático o una aplicación no autorizada para enviar mensajes a través de WhatsApp.

Ademáis de infrixir as condicións de Whatsapp, a acción desta tarde xustifícana por un problema de seguridade que poden o ter os usuarios por empregar estas aplicacións non oficiais.

En resumo, Whatsapp só quere que instalemos a app oficial e deste xeito, teremos que deixar de empregar os clientes alternativos e logo dunha penalización de 24 horas, poderemos seguir desfrutando do Whatsapp.

Deixa un Comentario