Os Samsung Galaxy A3 e Galaxy A5 chegan ao noso País

presentacion galaxy a3 a5

Malia ter sido anunciados a finais de outubro, non foi até hoxe cando Samsung nos presentou os novos Galaxy A3 e Galaxy A5, compoñentes dunha saga que aspira a soterrar as liñas Mini e Ace. Ambos os dous recollen aspectos até o de agora reservados ás gamas altas da compañía, ademais duns acabados de calidade que achegan de primeiras moi boas sensacións, en grande medida grazas á presenza do aluminio.

galaxy a3

Malia que comparten gran parte das súas especificacións, na seguinte táboa podemos comparalos para apreciar as súas diferenzas:

Galaxy A3 Galaxy A5
Pantalla 4,5” 5”
Procesador Quadcores a 1,2 GHz Quadcores a 1,2 GHz
RAM 1,5 GB 2 GB
Memoria 16 GB (+ microSD) 16 GB (+ microSD)
Cámaras 8/5  Mpx 13/5 Mpx
Batería 1900 mAh 2300mAh
Conectividade ??? 4G Cat 4
Prezo 299 € 399 €

Segundo nos comentaron, están orientados ao público máis mozo, polo que a cámara dianteira ten bastante importancia, non só por ter un sensor de 5 megapíxeles, senón porque tamén incorpora solucións software para mellorar as imaxes automaticamente cando se toman en lugares con pouca luz.

Están dispoñíbeis tanto no mercado libre como a través de operador, podéndose mercar en multitude de cores: branco, negro, prata, rosa, azul clariño e dourado

Sobre o autor

No Responses

Reply