Así é a interface da versión web de WhatsApp

whatsapp web _ 2

[Actualización] Descarga e instala este apk, entra na web. A continuación abre a aplicación, vai ao menú, clica en “WhatsApp Web” e escanea o código QR co móbil seguindo as indicacións

Hai apenas uns minutos informamos de que WhatsApp estrea por fin versión web, malia que até o de agora non está operativa para todas as usuarias. Porén, veñen de aparecer unhas capturas conseguidas por un usuario que modificou o código para activar a opción, e que amosan como é esta interface web, que conta cun deseño máis ben minimalista.

whatsapp web _ 3

Entre as funcionalidades que poderemos empregar, pouca sorpresa. WhatsApp web permite ver e mudar o noso perfil e estado, iniciar conversas e grupos e compartir multimedia, como na versión móbil. Descoñecemos se tamén poderemos compartir outro tipo de arquivos, o cal sería un auténtico acerto, xa que aumentaría as posiibilidades das usuarias.

Todo apunta a que non teremos que agardar moito pola nova versión de WhatsApp, que habilitará a versión web (aínda que esta só funciona en Chrome 36+). A pregunta que nos facemos agora é se tamén incluirá as chamadas, algo que anunciaron durante o MWC do ano pasado e que aínda fica pendente.

2 Comentarios

  1. Ficus Chan 21 Xaneiro, 2015 Responder
    • Iago Varela Martínez 21 Xaneiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario