Mi Nube, a app de referencia para as túas viaxes

Hoxe queremos analizar unha ferramenta moi completa que nos pode axudar nas nosas viaxes: a app Mi Nube.

Nela podemos facer dous usos: planificar a viaxe vendo as ofertas de voos e hoteis ou empregar a app coma guía de consulta sobre os lugares más destacábeis dos destinos polos que temos interese.

Na parte máis destinada á planificación, destacamos a facilidade para introducir os datos máis relevantes para poder facela, como poden ser as datas, número de persoas, … para acontinuación amosarnos as ofertas que concordan coas nosas preferencias.

Mi nube 01

Mi nube 02

Ademáis podemos filtrar as buscas en función do tipo de viaxe que desexemos. Podemos facelas orientadas a viaxes de tipo gastronómico, viaxes de relax buscando lugares afastados cheos de tranquilidade, con nenos ,… todo coa intención de optimizar o tempo que adicamos á planificación ou consulta.

Mi nube 03

Agora ben, na parte máis orienta á consulta, é onde podemos ler as opinións das usuarias sobre un lugar concreto e en base a estas opinións formar a nosa. Temos acceso tanto a comentarios coma fotos os cales podemos favear e mesmo compartir en redes sociais.

Mi nube 04

Mi nube 05

En resumo, pensamos que esta aplicación é moi completa e ten unha ampla base de lugares facendo desta aplicación unha opción a ter en conta por aqueles que gostades de viaxer sós ou acompañados.

Mi Nube é unha app que podemos atopar de balde na Play Store.

Sobre o autor

Reply