O Honor 6 actualiza a súa capa EMUI 3.0

Honor 6_EMUI_1

Honor vén de anunciar a actualización da súa interface EMUI para o Honor 6, o dispositivo de referencia da compañía. A versión 3.0 desta capa, que chegará ás usuarias a través de OTA, foi elaborada a partir do feedback que recibiu a compañía, e mellora sensibelmente o aspecto da mesma.

Entre as novidades destaca a presenza de liñas e puntos como elementos diferenciadores, que oganizan cronoloxicamente o contido atendendo á ubicación xeográfica.

Honor 6_EMUI_2

Ademais, EMUI 3.0 tamén presenta características que permiten unha interacción máis natural coas pantallas de gran tamaño, con teclado que se adapta á man, ventás en suspensión e deseños abstractos.

Deixa un Comentario