Air Control 2, o xogo co que podemos ser controladores aéreos

Esta semana queremos compartir con vós un xogo moi entretido que se chama Air Control 2. Neste xogo temos que poñernos na pel dun controlador aéreo para xestionar o tráfico do aeroporto conseguindo que aterren todas as aeronaves sen contratempos.

air control 2 03

A mecánica do xogo e ben sinxela. Atopámonos con diferentes tipos de avións e helicópteros que teremos que evitar que colisionen no ar e facelos aterrar na pista correcta, pois segundo o tipo de avión que teñamos no mapa, temos que dirixilos a unha pista determinada para o cal, prememos sobre o avión, iluminarase a pista na que ten que aterrar e debuxamos a liña que ten que seguir. Esta liña pode ser máis ou menos directa, en función dos avións que teñamos ao tempo no mapa.

Unha colisión supón que perdemos o xogo e temos que volver ao comezo e cantos máis avións fagamos aterrar máis puntos acadamos e deste xeito é como desbloqueamos outros aeroportos.

air control 2 02

Entre as opcións que queremos destacar máis aló da parte social, configuarións de sons,.. está a posibilidade de multixogador coa que poderemos xogar ao tempo cun amigo.

Podemos descargar Air Control 2 de balde desde esta ligazón á Play Store.

Sobre o autor

Reply