Acer Liquid Jade S, o novo smartphone de Acer

acer liquid jade

Hoxe en día practicamente todos os fabricantes de computadores e electrónica dispoñen de smartphones ou tablets Android, aínda que a súa presenza comercial sexa anecdótica no noso país. Acer vén de lanzar un novo trebello de gama media que vén a ampliar a súa familia de dispositivos Liquid: o Acer Liquid Jade S.

Incorpora unha pantalla IPS de 5 polgadas con tecnoloxía Zero Air Gap e Gorilla Glass 3. No seu interior atopamos un procesador MediaTek (MT6572M), de oito núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de almacenaxe interna, ampliábeis por microSD. As súas cámaras son de 13 e 5 Mpx e  é compatíbel coas redes 4G.

En canto a software, vén con Android 4.4 KitKat de serie, pero actualizarase a Lollipop (5.0) durante o segundo trimestre do ano. Aínda que a estética é moi semellante a Android puro, Acer introduxo algunhas solucións propias, como navegación offline con TomTom, un servizo de almacenaxe na nube e Acer Extend, que permite facer mirroring do smartphone no ordenador.

O Acer Liquid Jade S sairá á venda o 15 de febreiro por 299 euros.

Deixa un Comentario