Ensínanos as túas hábilidades a hora de cruzar a rúa en Crossy Road

CossyRoad2

Dende hai un par de semanas podemos atopar no noso Google Play, a última incorporación do estudio Hipster Whale. Estamos a falar do xogo Crossy Road no cal a personaxe principal é unha galiña, aínda que sempre poderemos variar de personaxes.

CossyRoad4

Ata o momento só se podía desfrutar del através do Amazon App Store pero agora que tamén está dispoñible para a súa descarga en Google Play será moito máis doado, xa que o xogo rematará por chegar a moita máis xente.

CossyRoad3

Crossy Road non te moita complexidade o único que debemos facer e cruzar a rúa, as vías do tren e os ríos para avanzar o máximo posible, iso si, sempre tendo en conta non ser atropelado por algún vehículo, tren ou os demáis obstáculos que atoparemos polo camiño na maior brevidade posible, xa que, se estamos un anaco sen avanzar, seremos presa fácil da águia do xogo.

CossyRoad1

Podemos descargalo gratis dende Google Play,  aínda que tamén dispón de compras integradas para desbloquear a máis personaxes, aínda que a gran maioría os podemos obter coas moedas que imos conseguindo no xogo. O xogo conta con logros e marcadores de Google Play Games polo que podemos compartir e competir cos nosos amigos os nosos avances no xogo

Descargar dende Google Play

Sobre o autor

No Responses

Reply