Mininovas Android: a malla da semana

LibreOffice déixase ver pola Play Store

libreoffice

Esta semana descubrimos que xa temos dispoñíbel para descargar a app desta suite ofimática moi nomeada entre os usuarios de Ubuntu, pois é a que ven preinstalada nas últimas versións do sistema operativo e dende xa mesmo podemos empregar como alternativa aos servizos de Drive ou Microsoft.

Nesta ligazón podesdes descargar de balde a app.

A Xiaomi non se lle resiste ningún reto

Xiaomi-Logo

A empresa chinesa vai camiño de ter un longo historial de records á hora de vender os seus produtos. Estes records son todos relacionados coa velocidade coa que rematan os stocks. Desta volta Xiaomi foi quen de liquidar un stock de 9000 unidades do seu Mi Box mini en tan so ó 17 segundos. Lembremos que este producto é a alternativa chinesa ao Chromecast de Google.

Whatsapp Plus pecha o seu servizo

whatsapp cifrado

Esta semana Whatsapp foi novamente protagonista ao decidir aplicar dun xeito estricto as súas condicións de uso, afectando directamente a todos aqueles usuarios que non empregaban a aplicación oficial.

Unha destas apps era Whatsapp Plus que ao día seguinte dos primeiros banneos a usuarios, anunciaron que deixaban de ofrecer os seus servizos como app non oficial de Whatsapp.

Humble Bundle en honor a Charlie Hebdo

Co finde apoiar ao movemento Je Suis Charlie, Humble Bundle lanza un especial Charlie Hebdo, co que todos os cartos recadados irán destinados á obra social da fundación Freedom of The Press. Podedes facervos con el aquí.

Sobre o autor

Reply