Facebook Lite, unha nova app moito máis lixeira de Facebook

Esta tarde coñecemos a existencia dunha aplicación de Facebook moito máis lixeira da que actualmente podemos descargar desde a Play Store: Facebook Lite.

facebook lite 03

Esta aplicación só pesa 250KB e vai dirixida a aqueles terminais Android de escasos recursos ou aos Android de mercados emerxentes onde as redes non soportan altas velocidades. Ademáis, como podemos imaxinar o escaso peso do arquivo implicar perder o bo deseño da aplicación standard de Facebook, máis no caso de ter un terminal xusto de especificacións poderemos ter as comodidades de xestionar a rede social dende unha app e non dende o navegador que sempre empeora a experiencia de uso.

facebook lite 02

facebook lite 01

Pensamos que o lanzamento desta versión lite de Facebook é unha boa idea polo aforro de recursos, pois unha eiva reflexada por moitos é o pesado que se volve a aplicación co paso do tempo.

Facebook Lite aínda non está dispoñíbel na Play Store máis é compatíbel dende Android 2.2 Se non queredes agardar, podedes probar a aplicación descargado o arquivo apk nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply