O Nexus 6 non ten lector de pegadas datilares por mor de Apple

smartphone huella dactilar

Hoxe soubemos a razón pola que o recente Nexus 6 de Google non incorporou un lector de pegadas datilares: Apple mercou Authentec, a empresa que fai o mellor lector. Por esta razón, segundo palabras do propio CEO de Motorola (fabricante do Nexus 6), Dennis Woodside, só tiñan dispoñíbel outro tipo de lectores que pensan que non son quen de ofrecer unha experiencia óptima coma merecen as posuidoras dun Nexus 6.

Diante desta situación prefiren agardar a que outras empresas diferentes a Authentec melloren os seus actuais lectores datilares ou quen sabe se Motorola está traballando no seu propio lector que incluirán en vindeiros terminais.

Sexa como fose, o movemento de Apple foi intelixente e colleu a pé cambiado á súa competencia.

Sobre o autor

Reply