Twitter actualízase e engade novas funcionalidades: mensaxes de grupo e vídeo in-app

Logo de moito tempo sen recibir novidades, Twitter vén de anunciar hoxe dúas novas funcionalidades: os vídeos in-app e as mensaxes de grupo.

Coa nova funcionalidade de vídeo elimínase a dependencia de servizos de terceiros, como YouTube ou Vimeo, para twittearmos vídeos, que podemos gravar e editar desde a propia app do servizo de microblogging.

Por outra banda habilítanse as conversas en grupo por privado, sen necesidade de que todas as persoas se sigan entre si (de feito semellante ao que acontece cos grupos de Whatsapp, onde non é preciso que todas as persoas sexan contactos para poder estar nun mesmo grupo). Crearmos un grupo é bastante doado e intuitivo, mentres que se somos engadidos a un recibiremos unha notificación.

A actualización irá chegando aos nosos Android ao longo das próximas horas.

Deixa un Comentario