Meizu M1 Mini Blue Charm: o teléfono que o ten todo por menos de 100 €

meizu m1 mini

O fabricante chinés Meizu volveu facelo. O seu novo trebello M1 Mini Blue Charm é un dispositivo que en certa medida nos lembra ao M1 Note, presentado hai uns días, aínda que nun tamaño máis contido e, por suposto, un prezo menor.

Por un prezo que ao cambio non chega aos 100 €, o M1 Mini Blue Charm integra unha pantalla de 5 polgadas con resolución 1280 x 769 píxeles (300 ppi), procesdor MediaTek de 64 bits e oito núcleos a 1,5 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 128 GB, cámaras de 13 e 5 megapíxeles, batería de 2610 mAh e Android 4.4 KitKat con interface Flyme 4.2.

Tamén é bastante interesante o seu deseño e peso (apenas 128 gramos), así como a posibilidade de mercalo en diferentes e vistosas cores (azul, amarelo, branco, rosa e verde). O peor de todo é que seguramente non se porá á venda fóra da China, unha mágoa, pois sería un digno competidor para trebellos como o Honor 3C ou o Moto G.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Xurxo 30 Xaneiro, 2015 Responder
  2. Xurxo 30 Xaneiro, 2015 Responder

Reply