Yoigo mellora La del Cero 5 GB con 100 minutos en chamadas

yoigo

Parecía difícil, pero Yoigo volveu facelo. Tras sorprendernos coa tarifa La del Cero 5 GB, contratábel promocionalmente durante decembro e xaneiro, este mes de febreiro a cousa mellora aínda máis.

Entre os días 2 e 28 de febreiro, poderase contratar a nova La del Cero 5 GB, que inclúe por 19 €/mes os 5 GB de navegación a máxima velocidade, incluíndo 4G (excesos a 128 kbps), e 100 minutos en chamadas a fixos e móbiles españois. Superado este número, tarificaranse a 0 cént/min, cun establecemento de 18,15 €/chamada.

Con este movemento Yoigo reafirma o seu compromiso de ofrecer aos clientes tarifas que realmente necesitan, demostrando que é posíbel ter beneficio malia ofertar packs xenerosos en datos e fuxindo desa tendencia de empaquetarnos milleiros de minutos para xustificar cobrarnos máis de 20 € para poder ter máis de 1 GB.

2 Comentarios

  1. Johnny 30 Xaneiro, 2015 Responder
    • Iago Varela Martínez 30 Xaneiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario