Mininovas Android: a malla da semana

Oxygen OS, a nova rom de OnePlus

oneplus oxygen

Esta semana tivemos as primeiras novas sobre a que será o sistema operativo co que contaran os terminais da marca OnePlus: Oxygen OS. Con este movemento a marca chinesa deixará de empregar CyanogenMod que tan bo resultado lle deu para empregar outra rom de desenvolvemento propio. Agardamos máis novas desta nova rom baseada en Android para o 12 de Febreiro.

LG e Samsung pelexando a conta dos procesadores Qualcomm

Exynos Snapdragon

Non é a primeira vez que falamos dos problemas de temperatura que estaría tendo o Galaxy S6 co novo e potente procesdor de Qualcomm, o Snapdragon 810. Esta problématica esta sendo atendida por Qualcomm polo bo cliente que é Samsung, pero outras empresas da competencia non están tendo estes problemas de temperatura como pode ser o LG G Flex 2, e a posibilidade de lanzar un Snapdragon 810 para Samsung non está sentando nada ben.

Ademáis de isto, todo apunta a que o problema de temperatura non existe, se non que só é unha manobra de Samsung para devaluar os procesadores de Qualcomm coa intención de poñer en valor os Exynos de fabricación propia. Imaxinades que ao final Samsung lanza o S6 cun procesador propio acadando un rendemento tan bo como o Snapdragon 810?

Huawei presentará un reloxo con Android Wear o 1 de marzo

huawei reloj redondo

Estes días coñecimos da man da empresa chinesa a súa intención de presentar un reloxo intelixente no marco do MWC. Ademáis podemos imaxinar que será de esfera redonda como vimos na rolda de prensa.

Polo de agora, teremos que agardar para ter máis información, pero agardamos que co bo traballo que está leva facendo os últimos anos, este novo reloxo sexa unha opción a ter moi en conta.

Sobre o autor

Reply