Samsung presentará o Galaxy S6 en Barcelona o 1 de marzo

convite galaxy s6

Xa o adiantamos hai uns días, pero vense de facer oficial: Samsung realizará o seu próximo Unpacked en Barcelona, coincidindo co Mobile World Congress.

O convite deixa ver diferentes aspectos que, botándolle un pouco de imaxinación confirmarían varias cousas: en primeiro lugar, que será un trebello da saga S, pola curva que fai a imaxe; pero ademais, esa forma lémbranos que existe a posibilidade de vermos un irmán do S6, o S Edge, que incorporaría pantalla curva, de forma semellante ao Galaxy Note Edge.

Mallando no Android estará ese día na presentación para contarvos todo en primeira persoa. Que ganas! 🙂

Sobre o autor

No Responses

Reply