Ocean’s promociona varios trebellos Android co gallo do San Valentín

oceans san valentin 2015

Co gallo do Día de San Valentín, a galega Ocean’s lanza unha promoción para que as súas clientas poidan mudar de móbil sen ter que deixarse moitos cartos.

Así, ao contratar algunha das tarifas Tierra (Tierra 6, 9, 15, 25 e 35) ou algún produto de converxencia Ocean’s Mas (Básico ou Completo), que inclúen Internet fixo por ADSL ou fibra e móbil nunha única factura, poderanse adquirir teléfonos a custe cero, segundo modelo.

Os terminais que entran nesta promoción son o Samsung Galaxy A3, o BQ Aquaris E5 FHD, o Sony Xperia M2, o LG L60, e os Alcatel One Touch Pop D5, C7 e C9.

Sobre o autor

One Response

  1. Xurxo 3 Febreiro, 2015 Responder

Reply